Novo sistema de selección e promoción interna temporal no SERGAS Maio 2011
As novas normas entrarán en vigor coas novas listas que se elaboren na súa aplicación; mentres, continuará aplicándose o anterior pacto de 2004.
No DOG do día 9 de maio publícouse o novo pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, asinado con todas as organizacións sindicais con representación na mesa sectorial.
¿Cómo son as novas listas?
A selección de persoal estatutario temporal realizarase, con carácter xeral, a través dunha única lista por categoría e ámbito territorial de dispoñibilidade, diferenciando dúas quendas de acceso: libre e promoción interna.
- Quenda de acceso libre:
o Listas únicas por cada categoría profesional e ámbito territorial
Listas en cada unha das áreas sanitarias na maior parte das categorías: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Monforte, Pontevedra, O Salnés, Vigo, Ourense e o Barco de Valdeorras.
o Listas compatibles: dentro de cada colectivo profesional se permite a inscrición en varias categorías, nos termos establecidos no anexo I do Pacto.
- Quenda de promoción interna temporal:
Listas en cada unha das áreas sanitarias (nos mesmos termos e ámbitos que na quenda libre: 11 áreas e 3 zonas especiais -Barbanza, Cee e Verín-).
Listas de ámbito autonómico: Médico/a coordinador do 061, médico/a asistencial do 061 e enfermeiro/a do 061.
¿Qué integran as áreas ?
As áreas están integradas polos centros seguintes:
o Complexos Hospitalarios: Centros hospitalarios e centros de especialidades.
o Xerencias de Atención Primaria: Unidades e servizos de atención primaria e PACs.
o Entidades adscritas: Galaria, 061, CTG, INGO e FEGAS.
¿ En qué categorías se pode un inscribir?
A inscrición será por cada ámbito territorial e categoría, según a relación que se amosa a continuación.
Naquelas categorías declaradas especificamente como compatibles no anexo I do Pacto, pódese inscribir en mais de unha delas.
- Persoal diplomado sanitario e de formación profesional: matrón/a, enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en saúde mental, enfermeiro/a do 061, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnicos/as especialistas, fisioterapeuta, e logopeda.
- Persoal de xestión e servizos: as máis demandadas: auxiliar administrativo, celador/a, PSX, pinche e outras.
- Pediatra e Farmacéutico de Atención Primaria.
- Médico de Familia.
- Odontólogo.
- Técnico de Saúde de atención primaria.
- Médico de urxencias hospitalarias.
- Médico coordinador e médico asistencial do 061.
- Médico especialista en Medicina do Traballo.
- Psicólogo Clínico.
¿ Cando entra en vigor o novo sistema de selección e promoción?
As normas do novo Pacto serán aplicables nas próximas listas previstas para o 31 de Outubro de 2011. As actuais listas continuarán regulándose polo Pacto do 24 de maio de 2004 (DOG nº 104, do 1 de Xuño), conforme ao cal se publicaron, e ata que se elaboren e publiquen as novas.
A xeración das novas listas virá precedida de varias Resolucións que aclararán os temas pendentes, tales como: a visualización de méritos, autobaremación, inscrición automatizada e puntuación de cada apartado do baremo.
Mediante Resolución se informará da data de entrada en funcionamento do expedient-e profesional, dende cando van a poder presentar a súa solicitude os/as aspirantes, así como das instrucións sobre o procedemento de inscrición, actualización de méritos e validación da documentación.
Antes do 31 de Outubro de 2011, todos os aspirantes que desexen formar parte das novas listas (tanto os aspirantes inscritos en anteriores listas, como aqueles aspirantes que pretendan inscribirse por primeira vez) deberán formalizar a solicitude a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde, autobaremarse e presentar a documentación acreditativa dos novos méritos que acheguen, que serán validados por profesionais acreditados para ese fin.
¿ Cándo poderán os aspirantes inscribirse nas novas listas?
Inscribirse en calquera momento Publicarase a data de inicio do funcionamento do expedient-e profesional, tal como se explicou no punto anterior; a partires desta primeira data, as inscricións serán abertas e permanentes.
As listas en Outubro
Se prevé a xeración de listas extraordinarias en función da dispoñibilidade ou non de profesionais. : As novas listas xeraranse a data do 31 de outubro de cada ano , e conterán toda a información curricular do aspirante, a puntuación acadada e o número de orde na lista, unha vez validados os méritos.
¿Como é o novo sistema selección temporal?
Automatizado, mediante inscrición electrónica: no novo sistema informático
Características e vantaxes do novo sistema:
O/A aspirante non terá que desprazarse nin facer colas para poder facer a inscrición.
Transparencia e accesibilidade: O/a interesada terá acceso o seu expediente, previa autorización de acceso pola administración por motivos de seguridade. A información sobre experiencia profesional e formación que conste nos distintos sistemas informáticos do Servizo Galego de Saúde será visualizada automaticamente no expedient-e, para que poida ser consultada polo/a aspirante e validada
Baremación automática : Os méritos dos que xa dispón o sistema e que xa constarán cando o sistema teña visibilidade para os aspirantes, non é necesario volver a acreditalos. Terán a consideración de acreditados e validados con carácter permanente. Os propios aspirantes poderán engadir méritos que non consten xa no seu expediente, e que deberán acreditarse mediante a achega dos documentos orixinais ou copias compulsadas correspondentes, ante unha unidade de validaciónexpedient-e profesional, con acceso desde a páxina web do Servizo Galego de Saúde. Inscrición automatizada. Non haberá papel. : Unha vez publicada a data de funcionamento, os e as aspirantes poderá inscribirse en calquera momento desde que estea operativo a nova aplicación informática chamada expedient–e profesional.
Baremo único : A utilización dun único baremo que simplifica e axiliza o proceso de xeración de novas listas
Novos ámbitos: Integración de novos centros, categorías profesionais e tamén as entidades adscritas.
Prioridade do mérito na selección: As novas listas que se xeren en virtude de aplicación do novo Pacto conlevarán a chamada para vinculacións polo número de orde que derive da valoración dos méritos dos aspirantes, sen que se valoren como tal nin se obrigue a períodos de inactividade.
Listas especiais curta duración: se avaliará no apartado de experiencia do baremo de selección fixa: 1,5 puntos por ano ata un máximo de 4,5. Límite máximo de puntos nos méritos de experiencia correspondentes
Conciliación: As solicitudes de cambio de área por conciliación da vida laboral e familiar, acreditadas con posterioridade a xeración das listas, poderán ser autorizadas previa solicitude con indicación e acreditación das circunstancias, valoración das mesmas, e autorización expresa
Promoción interna temporal: O persoal fixo poderá optar a outra categoría diferente de nivel académico igual o superior con un ano de servizo activo.
¿Cando será visible o expediente?
Indicarase, coa debida publicidade, e en colaboración cos distintos axentes sociais, a data e condicións de visualización dos expedientes profesionais dos/as interesados/as, así como a forma de engadir novos méritos nos mesmos.
¿ Como son os baremos?
Son os da última OPE convocada e resolta polo Sergas na categoría na que opta o/a aspirante, teña o non superado o proceso. A puntuación total: Será a máxima acadable no Concurso Oposición da categoría correspondente.
Partes do Baremo :
- Nota/s do/s exercicio/s: 60% do total do baremo. Máximo tope de puntos dos exercicios.
- Experiencia, formación e outras actividades segundo o baremo correspondente: 40% da puntuación restante do baremo.
¿ Qué é a autobaremación?
O propio sistema informático encargarase de asignar a puntuación de cada mérito atendendo o baremo establecido. Os méritos poden estar acreditados no sistema ou ser novos. Dos méritos dos que xa dispón o sistema e que xa constarán cando o sistema teña visibilidade para os aspirantes, non é necesario volver a acreditalos. Terán a consideración de acreditados e validados con carácter permanente. Figurarán visibles no expedient-e profesional e terán carácter permanente. Os novos méritos deberán ser acreditados documentalmente nas unidades que se establezan ao efecto e serán validados por persoal específico nomeado para esa tarefa no Servizo Galego de Saúde. A puntuación non será definitiva mentres o mérito non estea acreditado documentalmente e validado.
Entrada en Gallego ---- puesto que está dirigida al personal del SERGAS (si quereis leerla disponeis de un traductor en el blog) Un saludo!